blog para andar por casa: sen zapatillas

domingo, 14 de septiembre de 2008

número divino




O sábado 13 de setembro a amizade púxome a oportunidade de disfrutar do restaurante " El mercadito", na cidade de Santigo de Compostela. A visita lembroume o número phi. Non son excesiva na cualificación.


Como sabedes é unha proporción que se atopa na natureza, as plantas valense dela, os animais tamén, as persoas ao longo do tempo ou o descubren, ou o utilizan. É ese número que se agocha nun espacio no que universalmente unha persoa atópase cómoda. O ser non está na casa pero os sentidos pódense adicar ao disfrute do paladar, sabor- olor, escoitar- atender á compañía .


El Mercadito , nunha inhóspita rúa fronte ao antigo mercado de abastos da cidade compostelán , aplica o número aureo ao ambiente que habita o espacio?De seguro penso que si. Entrada ampla e acolledora dun fogar, dispón o ánimo para pasar á sala do xantar; ésta é unha feliz idea o vestimento das paredes, o cadro do natural que polo día abre o cuarto a fóra ilumina outro lugar habitable; nórdico-xaponés- galego , vocación internacional. Na carta todo gusto ten o seu plato,( ao noso pesar non podemos dar conta dos arroces). A carta responde ao actual con ingredientes tradicionais. Profesionalidade ,paixón ? A paixon distribúese naqueles recunchos inesperados. A calidez quere estar a dicir que está. A carta de viños non defrauda nen aos petos nen aos sabedores. "El mercadito" é para disfrutar, que non exceder.

1 comentario:

Aurora Jove dijo...

O primeiro decíamos que non podíamos cunha botella pero coa conversa e a boa mesa dimos boa conta dela.
O final perdemos o tren!!! :-)))

Alex, lembra que nos quedan os tellados ;-)