blog para andar por casa: sen zapatillas

domingo, 30 de diciembre de 2007

coidado con ler todo

Vacaciones en Polonia , é interesante ? Vai adicado a teresa especialmente. Curioso, curioso, ... O autor é de Ferrol , e parente de Paqui .

jueves, 22 de noviembre de 2007

miércoles, 21 de noviembre de 2007

domingo, 11 de noviembre de 2007

Para visitar...Cartelera,cómic,educación


Juanjosé Bueno, un amigo, alguén que sempre está.
Este blog de alumnado de1º de Psicopedag asignatura de medios e recursos didácticos. de A Coruña.Cando entredes clikde baixo do blog : Medios y recursos didácticos , sinalizado por unha icona laranxa, sí esa da dereita, unha fonte que se actualiza frecuentemente, El mundo de google me gusta.

viernes, 2 de noviembre de 2007

Educación Infantil.Galiza

Ola! Xa o encontrei e gustoume a idea de María

martes, 30 de octubre de 2007

Galiza desde Cuba

A emoción que supuxo ver o documental presentado por Natasha Vázquez, "Los últimos gaiteiros de La Habana" quixera ser compartida . Máis non sei cómo conseguilo , polo momento, vou recomendar unha páxina na que aparece un perxonaxe, Jalisco asasino famoso na cidade de A Coruña , historia que se viviu na parroquia de Dorneda, Oleiros, no lugar de Arillo. Historia que me contaron dende nena e que me producía horror ata que anos máis tarde,o protagonista vivo volveu matar. A vida da súa 1ª .muller é moi interesante

educación

Teño que ler sintese de actividades e redes na educación en portugués cores de outono

domingo, 28 de octubre de 2007

Un apaixoado

O curso Aventuras na Web será clausurado polo profesor Jordi Adell.
Conferencia día 3 de decembro, no salón de actos da UNED de A Coruña, 17:30

miércoles, 17 de octubre de 2007

YouTube - De Profundis, videoclip de Ainhoa Arteta y Carmen Rey

sigo facendo exercicios,a próxima vez non veredes os relacionados. Seres mariños, afectuosamente
YouTube - De Profundis, videoclip de Ainhoa Arteta y Carmen Rey

martes, 16 de octubre de 2007

arxentina - galiza

Recomendo este blog é unha especie de foro , ben, non sei se emprego a palabra exacta dada a linguaxe . O debuxo da muller perfil fai xustiza ao aspecto real, vinna en persoa nas xornadas de Ribadeo. Ela é Débora Campos, xornalista En Galiza colabora co xornal electrónico Vieiros, e a Radio Galega. Desde Bos Aires escribe o blog "Fíos invisibes"
Asexando nas redes atopei un recurso estupendo o noso "calculín" de toda á vida en versión actual. Se o vé Maria Pose chora eu estou encantada e os nenos cando vexan nos ordenadores que teñen que compartir será un éxito e eles uns exitosos e unhas exitosas.

estudando

Sigo ensaiando agora meto , poño, introduzo, coloco, quito, saco, extraigo, tiro (non á papeleira)...
ben , Aurora e o seu xeneroso espacio para nosotras .

domingo, 14 de octubre de 2007

Doris Lessing fotografada por lord Snowdon

libros


Doris Lessing, escritora inglesa Premio Nobel de Literatura 2007

Vive co seu gato ,chegou a ter 40 gatos . Ela é unha escritora moi disciplinada traballa de 8 a 13 na mañana , despois adicase ao seu fogar.

Posted by Picasa

viernes, 12 de octubre de 2007

Premio Nobel

A Doris Lessing ,premio Nobel ,por ser un pouco nosa , témola entre nosoutras cómplices. Cómplice. Dura. Admirada. Envidiada.

Un só día vin unha muller que me recomendou que lese o Caderno dourado, aquela muller xa ficou por sempre na miña historia porque Doris Lessing pasou a ser un referente nas miñas lecturas. Esa voz que dá alento nas horas baixas nas que unha está ás a palpadas , sen chan por sentirse diferente. Curiosamente aquel libro sobado marcado a lapis non o conservo precisamente por terlle moito apego. Agora non luxo a marxens.
"..., la observadora, y es a ella a quien acudo, en la que me refugio, cuando pienso en que mi vida será propiedad pública y no hay nada que pueda hacer al respecto. "Nunca tendrás entrada aquí, no puedes, propiedad privada, definitiva, e inviolablemente" Lo llaman soledad, es un lugar que no se puede compartir con nadie, nunca, pero es lo único a lo que podemos recurrir. A mí, a mí yo, a esta sensación de mí. ( Dentro de mí 1997 do Título orixinal: Under my skin. 1994)





miércoles, 10 de octubre de 2007


Agunhas fotos de Manolo Vilariño Representante da cultura na última Bienal de Venecia. Galiza estivo ali

jueves, 4 de octubre de 2007

miércoles, 13 de junio de 2007

Músicas e outras aulas



Maria permite que eu lea o seu blog sen ter que pasar polo de Aurora

martes, 5 de junio de 2007

Intuición

Adicado ao empeño de Fernando Moreno e o seu Tola; á insistencia de Aurora Jove que sempre pensa que podo divertirme criando, falando, lendo,viaxando, ... A eles que custodian que non desapareza unha nena que vai comigo e que sempre estou a piques de perder. Ben ando por aquí remexendo de ousada.
Na realidade andaba a ver se posteaba unha páx. e xa o intuo do inglés que leo: www.todotango.com

jueves, 24 de mayo de 2007

48 horas en Madrid



Cheguei ás 6:30 á estación de Atocha. Sentía que so queria continuar a durmir nunha cama quentiña, soave e donda. Pensei pillar un cuarto e esquecer todo. Pero o frio e o espetáculo de ruido-gritos-altavoces. e música , vomitonas-cristais , choros - bicos húmidos de falsa paixón na amplitude abandonada das ruas. Botei a andar na procura dun café onde o soñno da mañana tivese acubillo. Café e porras con sabor de fritura...despois de andar atopeino onde sempre. Seguindo o paseo do Prado por diante do ministerio de Sanidade , fonte de Neptuno ata a praza das Cortes á esquerda encontrei a rúa León , á sociedade de Autores.... O café de formica e fritanga atendía o ida para cas . Son as 7. Na barra dous homes xovens choras "non se preocupe eses de aí levan así unha hora."Limpo , cutre pero café sabe a café e as porras son frescas.O encargado está fresco, atento a todo, vital ; atende á clientela con eficacia. Unha pareela discute, ela discute , quere unha explicación , fuma nerviosamente e bebe cervexa , é un café con tranquilidade pero ao camareiro non se lle escapa nada, vixila en alerta sen descoidar aos demáis, saúdos e palabriñas para os coñecidos ... Na tele as mesmas novas de onte. Na soidade máis silenciosa que poidas imaxinar camiño ata o muso do Prado e dou unha volta en derredor de todo o conxunto actual. Eu e un xaponés. Viaannos os gardas, supoño que por madrugadores convulsivos.. Casa de Galiza, Botánico. regreso á portas e como son as 8 , pregunto a qué hora abre: ás 9 , SEÑORA! . Tomo outro café e xa o meu estomago comeza a sentir os efectos.Leo.ata as 9-1/4.Vou visitar Tinttoreto. e disfrutoincluso sentada aínda hai pouca xente. nun segundo gasto 15 €(entrada+auriculares -guia ) Pero o pintor esteé cine no Renacemento veneciano Ao cabo dunha hora vou ver a Velazquez e par non fallar baixo a facer a miña visita ritual ao "O Xardín das delicias" e teño que esperar, esperar e esperar porque o grupo de alemans me lo tapan todo, ocupan a sala . Dou por rematada a visita:saio a unha soleada mañana sen frio nen calor. Descubro que é día de portas abertas no edificio da nova ampliación de Prado . Envio mensaxe de que non me esperen aínda. Visita guiada por alumnado da escola de arquitectura que nos contan de Moneo, do Villanueva e de materiais e tempos remotos e futuro. Estou a punto de chamar a Teresa porque se o visita sen subir as escaleiras mecánicas perderase moito. chego a kas meio mareada de cervexa. que ben tira Madrid a cervexa. Xantamos uns espárragos de Valladolid MARAViLLOSOS Pola tarde visitamos a casa encendida. noite de teatro. Cervexas e queixo entre xentes e guiris Dormida e Reina Sofia despois dun esquisito almorzo con Goya, pan tostado-xamón da sua terra-aceite Por favor! Alguén dá máis Que cerdo!Anotade para sacar entradas baratas http://www.atrapalo.com/espectaculos/madrid podes aforrar ata un 50% . As 15:30 deixei o Forum con pena de deixar as miñas amigas ata outros dous anos e as cervexa o sol e os mercados de fresco peixe Ben xa nos veremos Bicos