blog para andar por casa: sen zapatillas

jueves, 24 de mayo de 2007

48 horas en Madrid



Cheguei ás 6:30 á estación de Atocha. Sentía que so queria continuar a durmir nunha cama quentiña, soave e donda. Pensei pillar un cuarto e esquecer todo. Pero o frio e o espetáculo de ruido-gritos-altavoces. e música , vomitonas-cristais , choros - bicos húmidos de falsa paixón na amplitude abandonada das ruas. Botei a andar na procura dun café onde o soñno da mañana tivese acubillo. Café e porras con sabor de fritura...despois de andar atopeino onde sempre. Seguindo o paseo do Prado por diante do ministerio de Sanidade , fonte de Neptuno ata a praza das Cortes á esquerda encontrei a rúa León , á sociedade de Autores.... O café de formica e fritanga atendía o ida para cas . Son as 7. Na barra dous homes xovens choras "non se preocupe eses de aí levan así unha hora."Limpo , cutre pero café sabe a café e as porras son frescas.O encargado está fresco, atento a todo, vital ; atende á clientela con eficacia. Unha pareela discute, ela discute , quere unha explicación , fuma nerviosamente e bebe cervexa , é un café con tranquilidade pero ao camareiro non se lle escapa nada, vixila en alerta sen descoidar aos demáis, saúdos e palabriñas para os coñecidos ... Na tele as mesmas novas de onte. Na soidade máis silenciosa que poidas imaxinar camiño ata o muso do Prado e dou unha volta en derredor de todo o conxunto actual. Eu e un xaponés. Viaannos os gardas, supoño que por madrugadores convulsivos.. Casa de Galiza, Botánico. regreso á portas e como son as 8 , pregunto a qué hora abre: ás 9 , SEÑORA! . Tomo outro café e xa o meu estomago comeza a sentir os efectos.Leo.ata as 9-1/4.Vou visitar Tinttoreto. e disfrutoincluso sentada aínda hai pouca xente. nun segundo gasto 15 €(entrada+auriculares -guia ) Pero o pintor esteé cine no Renacemento veneciano Ao cabo dunha hora vou ver a Velazquez e par non fallar baixo a facer a miña visita ritual ao "O Xardín das delicias" e teño que esperar, esperar e esperar porque o grupo de alemans me lo tapan todo, ocupan a sala . Dou por rematada a visita:saio a unha soleada mañana sen frio nen calor. Descubro que é día de portas abertas no edificio da nova ampliación de Prado . Envio mensaxe de que non me esperen aínda. Visita guiada por alumnado da escola de arquitectura que nos contan de Moneo, do Villanueva e de materiais e tempos remotos e futuro. Estou a punto de chamar a Teresa porque se o visita sen subir as escaleiras mecánicas perderase moito. chego a kas meio mareada de cervexa. que ben tira Madrid a cervexa. Xantamos uns espárragos de Valladolid MARAViLLOSOS Pola tarde visitamos a casa encendida. noite de teatro. Cervexas e queixo entre xentes e guiris Dormida e Reina Sofia despois dun esquisito almorzo con Goya, pan tostado-xamón da sua terra-aceite Por favor! Alguén dá máis Que cerdo!Anotade para sacar entradas baratas http://www.atrapalo.com/espectaculos/madrid podes aforrar ata un 50% . As 15:30 deixei o Forum con pena de deixar as miñas amigas ata outros dous anos e as cervexa o sol e os mercados de fresco peixe Ben xa nos veremos Bicos

5 comentarios:

María Rodríguez dijo...

Parabéns polo teu blog, é unha boa noticia, outro punto máis donde mirar e ler.
Estarei atenta.
Un bico.
María

Aurora Jove dijo...

Alex, xa sabes que podemos quedar no meu cole para isto o para calquer outra cousa cando queiras.
Power point? Subir fotos a blogue?? ...
Aurora

Aurora Jove dijo...

Sabes cos topos estes xa me gustan máis. No te los cargues!!

aula primaria dijo...

estou estudando e xa me doen os ollos : non consigo nen publicar nu artigo no meu blog

Unknown dijo...

Queridiña;
FELICIDADES POLO BLOGUE
Alégrame ter esta ventaniña para estrearme como periodista en internés.
Calquera ano destes colgo neste conto un artigo meu.
Espero que sigas contándonos cousiñas deste tipo,é interesante ver o mundo polos ollos de outro. De todos xeitos no próximo relato pon a dirección dos locais que sexan interesantes.
RAÍÑA SIGUE TRABALLANDO