blog para andar por casa: sen zapatillas

martes, 30 de octubre de 2007

Galiza desde Cuba

A emoción que supuxo ver o documental presentado por Natasha Vázquez, "Los últimos gaiteiros de La Habana" quixera ser compartida . Máis non sei cómo conseguilo , polo momento, vou recomendar unha páxina na que aparece un perxonaxe, Jalisco asasino famoso na cidade de A Coruña , historia que se viviu na parroquia de Dorneda, Oleiros, no lugar de Arillo. Historia que me contaron dende nena e que me producía horror ata que anos máis tarde,o protagonista vivo volveu matar. A vida da súa 1ª .muller é moi interesante

educación

Teño que ler sintese de actividades e redes na educación en portugués cores de outono

domingo, 28 de octubre de 2007

Un apaixoado

O curso Aventuras na Web será clausurado polo profesor Jordi Adell.
Conferencia día 3 de decembro, no salón de actos da UNED de A Coruña, 17:30

miércoles, 17 de octubre de 2007

YouTube - De Profundis, videoclip de Ainhoa Arteta y Carmen Rey

sigo facendo exercicios,a próxima vez non veredes os relacionados. Seres mariños, afectuosamente
YouTube - De Profundis, videoclip de Ainhoa Arteta y Carmen Rey

martes, 16 de octubre de 2007

arxentina - galiza

Recomendo este blog é unha especie de foro , ben, non sei se emprego a palabra exacta dada a linguaxe . O debuxo da muller perfil fai xustiza ao aspecto real, vinna en persoa nas xornadas de Ribadeo. Ela é Débora Campos, xornalista En Galiza colabora co xornal electrónico Vieiros, e a Radio Galega. Desde Bos Aires escribe o blog "Fíos invisibes"
Asexando nas redes atopei un recurso estupendo o noso "calculín" de toda á vida en versión actual. Se o vé Maria Pose chora eu estou encantada e os nenos cando vexan nos ordenadores que teñen que compartir será un éxito e eles uns exitosos e unhas exitosas.

estudando

Sigo ensaiando agora meto , poño, introduzo, coloco, quito, saco, extraigo, tiro (non á papeleira)...
ben , Aurora e o seu xeneroso espacio para nosotras .

domingo, 14 de octubre de 2007

Doris Lessing fotografada por lord Snowdon

libros


Doris Lessing, escritora inglesa Premio Nobel de Literatura 2007

Vive co seu gato ,chegou a ter 40 gatos . Ela é unha escritora moi disciplinada traballa de 8 a 13 na mañana , despois adicase ao seu fogar.

Posted by Picasa

viernes, 12 de octubre de 2007

Premio Nobel

A Doris Lessing ,premio Nobel ,por ser un pouco nosa , témola entre nosoutras cómplices. Cómplice. Dura. Admirada. Envidiada.

Un só día vin unha muller que me recomendou que lese o Caderno dourado, aquela muller xa ficou por sempre na miña historia porque Doris Lessing pasou a ser un referente nas miñas lecturas. Esa voz que dá alento nas horas baixas nas que unha está ás a palpadas , sen chan por sentirse diferente. Curiosamente aquel libro sobado marcado a lapis non o conservo precisamente por terlle moito apego. Agora non luxo a marxens.
"..., la observadora, y es a ella a quien acudo, en la que me refugio, cuando pienso en que mi vida será propiedad pública y no hay nada que pueda hacer al respecto. "Nunca tendrás entrada aquí, no puedes, propiedad privada, definitiva, e inviolablemente" Lo llaman soledad, es un lugar que no se puede compartir con nadie, nunca, pero es lo único a lo que podemos recurrir. A mí, a mí yo, a esta sensación de mí. ( Dentro de mí 1997 do Título orixinal: Under my skin. 1994)





miércoles, 10 de octubre de 2007


Agunhas fotos de Manolo Vilariño Representante da cultura na última Bienal de Venecia. Galiza estivo ali

jueves, 4 de octubre de 2007