blog para andar por casa: sen zapatillas

jueves, 24 de mayo de 2007

48 horas en Madrid



Cheguei ás 6:30 á estación de Atocha. Sentía que so queria continuar a durmir nunha cama quentiña, soave e donda. Pensei pillar un cuarto e esquecer todo. Pero o frio e o espetáculo de ruido-gritos-altavoces. e música , vomitonas-cristais , choros - bicos húmidos de falsa paixón na amplitude abandonada das ruas. Botei a andar na procura dun café onde o soñno da mañana tivese acubillo. Café e porras con sabor de fritura...despois de andar atopeino onde sempre. Seguindo o paseo do Prado por diante do ministerio de Sanidade , fonte de Neptuno ata a praza das Cortes á esquerda encontrei a rúa León , á sociedade de Autores.... O café de formica e fritanga atendía o ida para cas . Son as 7. Na barra dous homes xovens choras "non se preocupe eses de aí levan así unha hora."Limpo , cutre pero café sabe a café e as porras son frescas.O encargado está fresco, atento a todo, vital ; atende á clientela con eficacia. Unha pareela discute, ela discute , quere unha explicación , fuma nerviosamente e bebe cervexa , é un café con tranquilidade pero ao camareiro non se lle escapa nada, vixila en alerta sen descoidar aos demáis, saúdos e palabriñas para os coñecidos ... Na tele as mesmas novas de onte. Na soidade máis silenciosa que poidas imaxinar camiño ata o muso do Prado e dou unha volta en derredor de todo o conxunto actual. Eu e un xaponés. Viaannos os gardas, supoño que por madrugadores convulsivos.. Casa de Galiza, Botánico. regreso á portas e como son as 8 , pregunto a qué hora abre: ás 9 , SEÑORA! . Tomo outro café e xa o meu estomago comeza a sentir os efectos.Leo.ata as 9-1/4.Vou visitar Tinttoreto. e disfrutoincluso sentada aínda hai pouca xente. nun segundo gasto 15 €(entrada+auriculares -guia ) Pero o pintor esteé cine no Renacemento veneciano Ao cabo dunha hora vou ver a Velazquez e par non fallar baixo a facer a miña visita ritual ao "O Xardín das delicias" e teño que esperar, esperar e esperar porque o grupo de alemans me lo tapan todo, ocupan a sala . Dou por rematada a visita:saio a unha soleada mañana sen frio nen calor. Descubro que é día de portas abertas no edificio da nova ampliación de Prado . Envio mensaxe de que non me esperen aínda. Visita guiada por alumnado da escola de arquitectura que nos contan de Moneo, do Villanueva e de materiais e tempos remotos e futuro. Estou a punto de chamar a Teresa porque se o visita sen subir as escaleiras mecánicas perderase moito. chego a kas meio mareada de cervexa. que ben tira Madrid a cervexa. Xantamos uns espárragos de Valladolid MARAViLLOSOS Pola tarde visitamos a casa encendida. noite de teatro. Cervexas e queixo entre xentes e guiris Dormida e Reina Sofia despois dun esquisito almorzo con Goya, pan tostado-xamón da sua terra-aceite Por favor! Alguén dá máis Que cerdo!Anotade para sacar entradas baratas http://www.atrapalo.com/espectaculos/madrid podes aforrar ata un 50% . As 15:30 deixei o Forum con pena de deixar as miñas amigas ata outros dous anos e as cervexa o sol e os mercados de fresco peixe Ben xa nos veremos Bicos